Saltar ao contido

Miguel Payá y Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Payá y Rico

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1811 Editar o valor en Wikidata
Beneixama, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1891 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Toledo
7 de xuño de 1886 –
← Zeferino González y Díaz TuñónAntolín Monescillo y Viso →
Cardeal
12 de marzo de 1877 –
Arcebispo de Santiago de Compostela
16 de xaneiro de 1874 –
← Miguel García CuestaVictoriano Guisasola y Rodríguez →
Bispo de Cuenca
25 de xuño de 1858 –
← Fray Fermín de AlcarazSebastián Herrero Espinosa de los Monteros →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1858–), sacerdote católico (1836–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPablo García Abella Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de febreiro de 1878conclave de 1878 Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX923942

Miguel Payá y Rico, nado en Beneixama (Alacant) o 20 de decembro de 1811 e finado en Toledo o 24 de decembro de 1891, foi un cardeal da Igrexa católica. Bispo de Cuenca e arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Payá nun gravado de La Ilustración Española y Americana, 1881.

Pasou a súa infancia en Onil, de onde era a súa familia. En Valencia fixo o bacharelato, e estudou Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico, na Universidade de Valencia e no Seminario Conciliar, sendo posteriormente profesor de Dereito Canónico.

En 1836 foi ordenado sacerdote, e en 1841 foi nomeado reitor da parroquia da súa vila, Beneixama. Nese período iniciouse a construción da igrexa. En 1844 regresou a València como profesor da Universidade e do Seminario. En 1848 foi nomeado capelán maior da Confraría da Nosa Señora do Milagre e comezou a dirixir o periódico El Eco de la Religión, onde publicou artigos contra a liberdade relixiosa propugnada polos sectores liberais.

Acadou por oposición a coenxía lectoral da catedral de Valencia, onde prestou servizo até ser nomeado bispo de Cuenca o 5 de marzo de 1858. Foi consagrado bispo na catedral de València o 12 de setembro dese mesmo ano.

En 1870 participou no Concilio Vaticano I cunha disertación na defensa da infalibilidade pontificia, prerrogativa que finalmente sería aprobada. O discurso, que contribuíu a elevar a súa fama como teólogo, foi publicado en Cuenca en 1873.

En 1871 e 1877 foi elixido senador pola circunscrición de Biscaia.

Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, fundado por Payá y Rico.

O 16 de xaneiro de 1874 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, tomando posesión o 25 de febreiro de 1875. Propulsou a restauración da catedral, posibilitando que se atopasen os restos do Apóstolo Santiago, escondidos no século XVI por temor ás incursións de Francis Drake nas costas galegas. Durante unhas obras no altar maior, tras perforar unha bóveda o 28 de xaneiro de 1879 atopouse unha furna con ósos humanos. Payá encargou á universidade compostelá a análise dos restos. En 1884 o papa León XIII, por medio da bula Deus Omnipotens, anunciou o descubrimento dos restos do Apóstolo, retomando a tradición das peregrinacións a Compostela.

O 12 de marzo de 1877 o papa Pío IX nomeouno cardeal co título de Ss. Quirico e Giulitta, e como tal interveu no conclave de 1878, no que se elixiu o papa León XIII.

En 1885 fundou o Hospital psiquiátrico de Conxo, tras recuperar o antigo convento logo da súa desamortización a mediados do século XIX.

Na polémica sobre o integrismo na igrexa católica española a finais do século XIX, e respecto do enfrontamento entre os sacerdotes Félix Salvá y Sardany e Celestino de Pazos Teijeira en relación ao opúsculo do primeiro El liberalismo es pecado, o cardeal posicionouse preto das teses vaticanistas (de León XIII), mais mantivo unha actitude privada crítica co deán Celestino de Pazos Teijeira, de quen solcitou ás autoridades vaticanas que non fora nomeado bispo, argumentando mala conduta persoal, malia compartir a súa crítica do integrismo.

O 7 de xuño de 1886 foi nomeado arcebispo de Toledo, Primado de España e Patriarca das Indias Occidentais. Nese mesmo ano bautizou ao rei Afonso XIII.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Fermín Sánchez Artesoro
 Bispo de Cuenca 
25 de xuño de 1858 - 16 de xaneiro de 1874
Sucesor:
Sebastián Herrero Espinosa de los Monteros
Predecesor:
Miguel García Cuesta
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
16 de xaneiro de 1874 - 7 de xuño de 1886
Sucesor:
Victoriano Guisasola Rodríguez
Predecesor:
Zeferino González
 Arcebispo de Toledo 
7 de xuño de 1886 - 25 de decembro de 1891
Sucesor:
Antolín Monescillo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • EGU, Payá i Rico, Miquel.
  • GEG, Payá y Rico, Miguel.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]